Redes sociais
2.000–2.500 €
Plan de social media, entre 8 e 10 publicacións ao mes, resposta a comentarios e mensaxes, seguimento e informes periódicos.
Estudo de comunicación e deseño. Lugo, desde 1996.
Coidamos os detalles porque aportan e importan. Pero dá igual o que che digamos: somos o que facemos.
Manu e Christian eran compañeiros de estudos e un día decidiron facer realidade os seus soños. Abriron un estudo creativo en Lugo.
Case trinta anos despois somos un equipo de deseñadores, redactores, realizadores e museógrafos. Unha axencia 360 que traballa para institucións, museos, empresas e xente con ideas.
En tempos de hiperinformación apostar por unha soa canle xa non é unha opción. Facemos campañas integrais: creamos a túa marca e levámola a cada soporte onde ten que estar.
Creamos discursos museográficos do concepto á forma: eficientes, creativos e atractivos. Nos últimos anos, cunha mirada sostible e en prol da igualdade en cada proxecto.
Somos axente dixitalizador adherido ao programa Kit Dixital. Se tes unha pequena empresa ou es autónomo, podes dixitalizarte connosco coa axuda.
2.000–2.500 €
Plan de social media, entre 8 e 10 publicacións ao mes, resposta a comentarios e mensaxes, seguimento e informes periódicos.
1.000–2.500 €
Web profesional coa túa imaxe, presenza en directorios, estudo de palabras clave e da competencia, SEO e informes de resultados.
Hola, soy MANU el asistente de la web. Pregúntame por horarios, servicios, precios o cómo contactar.